— Cursos formativos e conferencias: a asociación desenvolve actividades como os Cursos AGPI (cursos profesionais sobre cuestións técnicas ou creativas) e o Encontro Galego de Ilustración, onde cada ano se programan conferencias con profesionais de primeiro nivel internacional, tanto da ilustración como das industrias con ela relacionadas. Ademais, desenvólvense outras actividades como as revisións de portafolios en eventos relacionados coa ilustración.

— Difusión da obra dos asociados: os catálogos que a AGPI publica periodicamente (en papel e en formato dixital) permiten a difusión da obra dos ilustradores do panorama galego entre o público e as empresas interesadas en coñecer o panorama en cada momento.

— Exposicións itinerantes, mostras temáticas: a asociación leva organizadas unha decena de exposicións, moitas delas itinerantes. Con diferentes temáticas e formas de aproximación á ilustración, todas elas foron compostas por ilustradores do panorama galego.

— Representación dos ilustradores socios en feiras e festivais internacionais: ao longo dos anos, representantes da AGPI teñen acudido (con ou sen stand) a feiras internacionais como Frankfurt, Boloña, Angoulême ou A Habana cos catálogos e outros materiais de promoción dos socios. Tamén hai presenza habitualmente en feiras máis próximas, como Culturgal, Viñetas desde o Atlántico, Salón do Cómic de Barcelona ou Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

— Catálogo en liña: as galerías da web da AGPI teñen demostrado ser un auténtico escaparate da ilustración en Galicia, e son utilizadas como punto de partida para a busca de profesionais por parte de axencias, editoriais e outras empresas. A galería de cada socio/a permite unha referencia rápida ao seu estilo de traballo, e conduce rapidamente ás webs específicas persoais, de forma que se facilita un coñecemento extenso da obra de cada ilustrador presente nela.

— Sección de noticias: a web da AGPI é un punto de referencia para coñecer o que sucede na ilustración en Galicia. Aínda que a sección presta atención a todo o panorama, os traballos dos socios teñen prioridade.

• Publicacións
— Catálogos de exposicións
— Catálogos de ilustración
Agpirina, boletín informativo da AGPI
Axenda AGPI, boletín electrónico mensual de axenda: concursos, convocatorias, cursos, eventos (fai clic para ver un exemplo)
Novas AGPI, boletín externo de noticias (aperiódico) (fai clic para ver un exemplo)
— A través da FADIP, publicacións de referencia para o mundo da ilustración en España: Libro blanco de la Ilustración Gráfica en España (2004), Estudio económico de la ilustración gráfica en España (2006), Informe 2008 del Observatorio de la Ilustración Gráfica (2009), Los retos de la era digital (2011), Nuevo libro blanco de la Ilustración Gráfica en España (2012).