 Ilustración de Óscar Villán para o cartel da convocatoria
 Ilustración de Óscar Villán para o cartel da convocatoria 
A editorial Kalandraka e o Concello de Santiago convocan o I Premio Internacional Compostela para álbumes ilustrados. O prazo de presentación de traballos finaliza o 31 de xaneiro de 2008; o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil, data que coincide ademáis co décimo aniversario de Kalandraka.
O premio será de 12.000 euros, en concepto de adianto de dereitos de autor. A obra galardoada será publicada en tódalas linguas oficiais peninsulares (galego, catalán, vasco, castelán e portugués) pola editorial Kalandraka.
 – Bases [PDF, 3,5 MB]
 – A noticia na páxina web do Concello de Compostela.
