Asemella que non podemos atopar o que estás buscando. Tal vez a busca póidalle axudar.
ilustradores: komorevi
Komorevi
Son Eva Agra, Komorevi en redes, e son ilustradora e artista urbana. No 2015 fundei xunto a outras compañeiras do eido artístico e cultural 7H Cooperativa Cultural, unha empresa de economía social onde medrei como profesional e desenvolvín ao longo deses 8 anos o que agora é a miña filosofía de traballo: un forte compromiso coa comunidade, a igualdade e a responsabilidade social mediante o uso da expresión artística. Grazas ao traballo colectivo e ao coidado nos procesos de creación, xermolamos moitos proxectos nos que empregamos a arte como ferramenta de transformación social. Algúns dos que me sinto máis orgullosa son:
>Delas Fest, o primeiro festival feminista de arte urbana e contextual de Europa.
>Elas Tamén Pintan, proxecto educativo de arte urbana feminista.
>Mutacións Urbanas, proxecto de laboratorios de creación artística, participación cidadá e inclusión social.
>Asimesmo traballei nun fermoso proxecto editorial ilustrando as páxinas da colección de contos Mulleres Bravas da Nosa Historia, de Urco Editora, na cal traballei man a man coas editoras e autoras para divulgar a figura de mulleres galegas relevantes da nosa historia entre as crianzas.
A través do meu traballo axudo a espallar as ideas das persoas que confían no meu lapis para comunicar os seus valores, proxectos e soños dun xeito xenuíno e cercano co que transforman, impactan e activan as súas redes máis próximas.
E dirás entón, que podo facer eu por ti? Pois verás:
🎨 Servizo de Ilustración aplicada a multitude de formatos e estilos de comunicación (identidade visual de marca, redes sociais, editorial, prensa…)
🖌 Arte urbana - realización de murais e obradoiros de iniciación ao muralismo.
📖Educación artística - realización de obradoiros de ilustración feminista aplicada a diferentes formatos.