• Javi Montes

  • Javi Montes
    Galería
  • http://jmontes.com
  • >email
  • Bio

  • jmontes.com
    Vivo na Coruña e levo mais de 20 anos debuxando e coloreando todo tipo de proxectos de ilustración, cómic, publicidade, textil, prensa, audiovisual, etc. para clientes nacionáis e extranxeiros

    Durante uns anos compaxinei labores de ilustración e deseño gráfico, principalmente para o diario DXT e a Universidade de A Coruña. Xa únicamente como debuxante entrei na plantilla de La Opinión de A Coruña facendo humor gráfico e ilustrando diversas seccións e suplementos do xornal. Traballei un tempo en Bren Entertainment facendo storyboards, deseño de personaxes e props para TV e, brévemente, como director artístico nun proxecto para o Xabarín Club.

    A partir do 2002 establecinme como ilustrador independiente e fundei con outros ilustradores o estudio Baobab, no que pasei 10 anos ata que me trasladei ao meu propio estudio, facendo ilustración editorial (portadas, revistas, ilustración infantil-xuvenil, libro de texto) publicidade (storyboard, arte final) e, principalmente, cómic, como debuxante ou colorista.

    Contacto:
    jmontes@jmontes.com
    website:
    jmontes.com
    Outras redes:
    Facebook
    Instagram