• Calros Silvar


  • Galería
  • http://www.behance.net/calrossilvar
  • >email
  • Bio

  • Son Licenciado en Bellas Artes (Universidad Complutense, Madrid) e aínda que comecei a miña andaina coma humorista gráfico, caricaturista e ilustrador editorial (CODIPRESS, Madrid e máis no semanario A Nosa Terra, Compostela-Vigo), acabei especializándome en ilustración da natureza e realizando o groso do meu traballo para Baía Edicións (A Coruña).

    Anaya, SM, Galaxia, Editorial Popular, Xerais, Siruela, Edelvives, Sua Edizioak, Salvatella ou Tundra son algunhas das editoriais coas que tamén teño colaborado.

    Con todo, o meu traballo principal durante trinta anos (1981-2010) foi como deseñador de producto (figuras decorativas e producto de mesa en porcelana) no Grupo Sargadelos.

    Teño ampla experiencia docente en cursos de debuxo da natureza para o CEIDA|Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (www.ceida.org) e máis para a SGHN| Sociedade Galega de Historia Natural (www.sghn.org), entre outras entidades e asociacións.

    Na actualidade son ilustrador independente.