• Laura Romero


  • Galería
  • http://www.eleromero.com
  • >email
  • Bio

  • Son ilustradora, urban sketcher e a baixista da banda máis veterana do rock galego, Zënzar. Licencieime en Belas Artes pola Universidade de Salamanca no ano 2014.

    A meirande parte do meu traballo ten relación ca música, dende o meu proxecto persoal máis coñecido, Músicas Galegas Ilustradas, ata formar parte do espectáculo familiar Cores, Contos e Rock'n'Roll co músico Pakolas, debuxando en directo.

    No 2019 saquei á luz o libro ilustrado "Ferreñas & Rock'n'Roll", no que, xunto á escritora Iria Pedreira e a editorial Baía, falo de 31 mulleres que abriron camiño na historia da música na Galiza do século XX.