• Datos do ilustrador


  • Ver proxectos
  • Laura
  • Romero
  • Información de contacto

  • http://www.eleromero.com
  • Acerca de

  • Galega de adopción desde os 8 anos. Licenciada en Belas Artes na Universidade de Salamanca. Actualmente é ilustradora, urban sketcher e música (baixista na banda máis veterana do rock galego Zënzar).

    O seu campo preferido é o urban sketch (levou o premio do encontro internacional Compostela Ilustrada 2018) e todo o que implique interactuar no contexto onde se debuxa. Como por exemplo o espectáculo familiar de rock e debuxo en vivo Cores, Contos e Rock´n´Roll, ou a creación in situ de cadernos ilustrados en eventos musicais.

    Tamén é a creadora do proxecto Músicas Galegas Ilustradas, finalista dos Premios Martín Códax 2018 e 2019 (www.musicasgalegasilustradas.com), co que pretende dar visibilidade ás mulleres músicas de Galicia mediante unha serie de retratos que espalla nas redes.