• Laura Torrado Varela


  • Galería
  • http://lauratova.com
  • >email
  • Bio

  • FormadaenIlustraciónnaEASDPabloPicassodaCoruña,comeza coseu proxecto de deseño de produto en 2014 para, posteriormente, introducirse no mundo do deseño e a ilustración publicitaria. Participa en diversas iniciativas de arte urbana como „Derrubando muros con pintura“ „Carballo mirando ao mar“ , ou „Mulleres en acción, #violenciazero“ coa Deputación de Pontevedra.
    Imparte obradoiros nos que transmite a súa particular forma de interpretar a linguaxe gráfica a través dos sentidos e do xogo. Destaca a súa obra „Voantes“ no que conflúen a ilustración e a escultura cunha profunda carga filosófica nun estilo minimalista e naïf. En 2018 introdúcese no mundo editorial, ilustrabdo para editoras galegas como Xerais ou OQO.
    Considérase unha persoa chea de ilusión, soños e historias a través das que establece a súa relación co mundo. Entre outras cousas converte o cotidiano en onírico, a terra en valor, a muller en visibilidade e o ser humano en salvaxe. Confesa que en 2015 viu a súa primeira estrela fugaz e marchou con ela.