• Tamara Baz Alonso


  • Galería
  • http://www.tamarabaz.com
  • >email
  • Bio

  • Son Tamara Baz, ilustradora e muralista da Guarda con mais de 15 años de experiencia no sector gráfico.
    Xa dende ben pequena amosei curiosidade polo debuxo e os meus recordos da infancia teñen como atrezzo papeis, pinceis e lápices de cores. Comecei a miña andaina profesional como deseñadora gráfica durante 7 anos na cidade de Pontevedra, para logo dar o salto ó mundo freelance. Dende entón traballo dende o meu estudo na Guarda, un recuncho con vistas ó Miño, realizando proxectos de deseño e ilustración.

    Pouco despois comecei a ter curiosidade pola arte urbana e a formarme neste eido. Gañar a primeira Batalla Mural de Vigo 2019 abriume as portas os primeiros encargos en gran formato. Dende aquela, combino o traballo de estudo coa realización de encargos murais con pintura plástica e aerosol para diferentes institucións, marcas e particulares. Nos últimos anos tiven a oportunidade de participar en diferentes festivais de arte urbana como “Vigo Cidade de Cor” 2020, “Elas tamén pintan” 2021 (Compostela), “Improvisdado” 2021 (O Porriño), “Delafest” 2022 (Compostela) ou “ Cíes Talent” 2022 ( Navia, Vigo).