• Cris Alborja

  • Fotografía de avatar
    Galería
  • https://www.instagram.com/crisalborjart/
  • >email
  • Bio

  • Banda Deseñada | Ilustración | Artesanía

    Ola! Son Cris Alborja, ilustradora, artista de banda deseñada e artesá da Costa da Morte. Dende moi cativa sinto o chamado do debuxo pero véxome obligada a tomar outros derroteiros. Sen embargo, no 2016 lánzome a facer Ilustración na Pablo Picasso (A Coruña) e ao rematar no 2018 entro na Escola de BD O Garaxe Hermético (Pontevedra), onde acado mención de Honra.

    Os meus traballos abranguen dende portadista para Retranca Editora, ilustradora recurrente para Duck Prints Press (USA), cartelista e moito máis! Impartín varios talleres de ilustración por toda Galiza para catives de todas as idades e asisto a numerosos mercados de autoedición e artesanía.

    As miñas cousas favoritas do mundo son a maxia, os animais e as pelis de terror. Reivindicativa e bizarra, adentrádevos no meu mundo!