Este venres, 11 de novembro, ás 20:00, presentarase publicamente o libro gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2011, A chave da Atlántida, do noso socio Anxo Fariña, autor do texto e das ilustracións. Será na Casa do Libro de Vigo (rúa Velázquez Moreno 27, 36201 Vigo).
O acto contará con debuxos en directo, e Anxo Fariña agasallará unha ilustración especial de tiraxe limitada ás primeiras persoas que soliciten a sinatura do seu libro.
Pódese encontrar máis información sobre o libro e a súa presentación aquí.