Ponteverán 2024. Imaxe de campaña.

Descrición do proxecto:

Este foi un dos primeiros encargos profesionais que fixen como ilustradora.
O Concello de Pontevedra encargoume a imaxe para o programa Ponteverán, do departamento de xuventude.

Tratábase de facer a imaxe que anunciaría as actividades da edición do 2024 do Ponteverán, un programa de ocio no verán enfocado a nenas e nenos (tamén á adolescencia pero o enfoque principal foi para rapaces).

Adaptei a imaxe para un cartel, un políptico (folleto) e banner web.


Autor: Alba Santa
Categorías: Carteis , Infantil/Xuvenil , Publicidade ,


Compartir