10 anos de BD Galega en Lisboa

Dende o próximo día 31 de Maio, a Bedeteca de Lisboa inaugura a exposición 10 anos da BD Galega, que mostra como nos últimos anos o contexto relativo á banda deseñada galega cambiou de manera significativa: ás Xornadas de Ourense e ó Salón de Cangas, xuntouse o VIñetas dende o Atántico, que ten traido a Galicia grandes referentes do comic internaciónal.

O xurdimento, no inicio do milenio, de colectivos independentes como Polaquia ou BDBanda, permitiu que moitos de autores máis novos desen visibilidade ao seu traballo.

Esta exposición presenta o traballo de 42 autores de varias xeracións, dende Xaquín Marín a Diego Blanco, e mostra a riqueza e diversidade da banda deseñada galega, reunindo varios estilos e tendencias nunha proba de enorme vitalidade.

Esta exposición, organizada polo festival “VIñetas dende o Atlántico”, AGPI e a Xornadas de BD de Ourense, co apoio da Xunta de Galicia, vai estar na bedeteca ata o 20 de Xuño.

Máis información:
www.bedeteca.com

Compartir