10 ilustradores da AGPI participarán o sábado 24 de maio na actividade “COMPRA UN POEMA”

Hoxe Sábado de 6 a 9 da tarde e dentro das actividades programadas polo Concello de A Coruña en torno ao día do libro, 10 ilustradores/as da AGPI participarán xunto a outros tantos poetas na actividade “Comprando un poema”.
Os nosos socios participantes serán:
Iván Rodríguez, Idoa de Luxan, Samagaru, Manel Cráneo, David Rubín, Yago García, Carlos Arrojo, Almudena Aparicio, Victor Boullón, Diego Ogando, Saray García.
Durante a actividade que se celebrará no Quiosko Alfonso, os visitantes poderán mercar un poema manuscrito e ilustrado in situ ao prezo de 1 euro.

Compartir