36 Festival de Cine de Alcalá De Henares:
24 Viñetas Por Segundo.
Do 10 ao 26 de novembro.
De martes a domingo. 12-14 y 17-20h.
Na súa 36 edición este consolidado festival madrileño fai unha homenaxe aos autores de cómic que manteñen algún tipo de relación có cinema, ademáis de adicarlle unha das seccións oficiais á proxección de material que relaciona cómic e cine.
A exposición consta coa obra de autores españois como Monteys, Alex de la Iglesia, Borja Crespo, Darío Adanti, David Lorenzo, F.de Felipe, Ibáñez, Hernán Migoya, Ivá, Olivares, Joel Badía, Koldo Serra, M.A. Martín, Man, Manel Cráneo, Mauro Entrialgo, Max, Peter Bagge, Sequeiros, Sergio Bleda…entre outros.
O ciclo de proxeccións terá tamén presencia galega coa curtametraxe LADRÓNS DE CADÁVERES VERSUS KU KLUS KLAN baseado na historieta homónima de Manel Cráneo e dirixida por Xurxo García, da cal se expoñen os orixinais na exposición gráfica.
Esta curta de animación experimental feita polos nosos socios con recursos limitados foi tamén presentada nos últimos meses no festivais de “Cans”, “Supernécora” e “Curtas na rede” (Galicia), nas “Xornadas de BD de Sto. Tirso” (Portugal) e mercado pola TVG para o seu espazo Onda Curta.
– Ver nota de prensa [PDF, 64 KB]