A AGPI, agora tamén en Pinterest

A rede social de moda, Pinterest, ten desde estes días tamén un sitio para os ilustradores galegos da man da AGPI. Baixo o título de AGPI: Ilustración en clave galega, o noso Pinterest recolle mostras dos socios e socias, a través das súas galerías e das exposicións que organizou a asociación desde o seu nacemento. Durante este mes, ademais, irase completando a colección de felicitacións de Nadal que por estas datas preparan boa parte dos ilustradores.

Desta forma, AGPI dá un paso máis na súa presenza en redes sociais, complementando os seus sitios en Flickr, Facebook ou Twitter.

Compartir