A AGPI lamenta o axustado prazo para a participación no Premio Castelao

A AGPI enviou nos pasados días unha carta á Deputación da Coruña para mostrar o seu desacordo respecto ao excesivamente axustado do prazo para a participación no VIII Premio de Banda Deseñada «Castelao» (nesta edición, de apenas un mes). Na opinión da asociación, este prazo tan difícil de cumprir xoga en contra do obxectivo de servir de revulsivo e impulso á creación
de BD en Galicia, e pode afectar moi negativamente ao seu nivel de participación.

Como asociación profesional, a AGPI non pode deixar de lamentar que as case inexistentes iniciativas (certames, bolsas, axudas) que existen actualmente para o apoio á creación da BD galega sexan ademais enfocadas en termos que debilitan o beneficio potencial que supoñen.

Compartir