A AGPI, na constitución do Foro Reimprímete

Esta mañá, en coincidencia coa celebración do Día Mundial do Libro, desenvolveuse en Santiago de Compostela o acto de constitución do Foro Reimprímete, unha
iniciativa da Asociación Galega de Editores e do Clúster do Produto Gráfico e do
Libro Galego.
O acto contou coa presentación e lectura dun manifesto a cargo da escritora Rosa Aneiros, no que se reivindica a importancia cultural, educativa e
socioeconómica do papel, do libro e da propiedade intelectual dentro do
proceso de hibridación que se establece coa intervención dos novos
soportes tecnolóxicos.

O novo foro conta co apoio de dezasete entidades
empresariais e profesionais,
entre as que está a AGPI. Xuntas, representan máis de 500 empresas e 1300 profesionais de toda a cadea de valor do sector.

Foto: CPGLG

Compartir