A Asociación de Escritores premia cinco humoristas gráficos

A AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) acordou na súa última asemblea, desenvolvida a fin de semana pasada, outorgar a súa distinción «Os Bos e Xenerosos» ao humorismo gráfico, personificado en cinco dos máis veteranos da disciplina en Galicia: Gogue, Pepe Carreiro, Xaquín Marín e os nosos socios Siro e Xosé Lois.

A homenaxe «Os Bos e Xenerosos», que chega á súa décima edición, supón, segundo os seus organizadores, «un acto de estudo e
recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada
actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa
cultura».

Compartir