A banda avanza

a banda avanza Ilustración do cartel: Víctor Rivas.
Fonte: BD Banda.

As vindeiras feiras do libro de Pontevedra e máis da Coruña contarán por primeira vez cunha importante presenza de actividades centradas na banda deseñada, grazas á acción combinada da Xunta e máis da asociación BD Banda. Co título de A banda avanza, achégase aos recintos nos que se celebran estas feiras obradoiros, charlas encol da novena arte e unha completa exposición na que se poderán ver reproducións de obras de 22 dos máis destacados autores galegos de BD.
O programa A banda avanza está organizado pola Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural da Consellaría de Cultura e máis por BD Banda, coa colaboración de culturagalega.org, portal en internet do Consello da Cultura Galega.

Podedes baixar o programa en formato PDF.
Máis información en www.bdbanda.com.

Compartir