A Casa da Cultura acolle a exposición de tintas e acuarelas de Carlos Silvar ‘Unha ollada natural’

2 de xullo de 2009 20:00 h – 15 de xullo de 2009 20:00 h

A
Casa da Cultura Pintor Lloréns acolle -entre os días 2 e 15 de xullo-
unha exposición de tintas e acuarelas do artista Carlos Silvar. A
mostra, que leva por título ‘Unha ollada natural‘, enmárcase no ‘I
Congreso Internacional Natureza e Imaxe
. A exposición será inaugurada o
día 2 de xullo ás 20.00 horas.

Carlos Silvar é licenciado en Belas
Artes, Ilustrador, Naturalista e afeccionado á Ornitoloxía. Coa súa
exposición, amosa ao espectador pinceladas da biodiversidade galega
(aves, mamíferos, anfibios, fungos, prantas ou árbores).

O horario de visitas (de luns a venres) vai de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Compartir