A exposición Patria común: Delibes ilustrado —que estivo ata finais de marzo no Museo Abc de Madrid— será inaugurada este xoves, día 2 de maio, no Instituto Cervantes de Nova York. Trátase dun «percorrido polo universo de Miguel Delibes contado desde a ollada e a voz dos seus protagonistas infantís,
personaxes memorables que nos ofrecen a visión máis pura e intuitiva da vida».
Quince ilustradores, entre os que está o noso socio Óscar Villán, foron os encargados de plasmar en imaxes esa infancia, co que, de acordo cos organizadores, a exposición constitúe «unha mostra da variedade de
linguaxes e técnicas que ofrece a ilustración contemporánea española».
Os outros catorce ilustradores son Alberto Gamón, Mónica Gutiérrez Serna, Ajubel, Arnal Ballester, Emilio
Urberuaga, Raquel Marín, Pablo Auladell, Javier Olivares, Noemí
Villamuza, Antonio Santos, Claudia Ranucci, Elena Odriozola, Violeta
Lópiz e Pablo Amargo.