Hoxe, 23 de abril, co gallo da celebración do Día
do Libro e do Dereito de Autor, a Federación de Asociaciones de
Ilustradores Profesionales —á que
pertence AGPI— fixo público un comunicado conxunto coas
outras asociacións que forman parte do EIF (European Illustrators
Forum).
Con el
pretende lembrarse á sociedade que os e as profesionais da
ilustración son autores, e que están en contra dos
contratos abusivos e do traballo gratuíto que en ocasións se lles
pide. O texto completo pode lerse aquí.