A Fnac acolle unha charla sobre ‘Sálpock’

Mañá, 16
de maio, ás 19:00 h,
os autores do
cómic
Sálpock: O val dos
Cegos,
Álvaro López e Luis
Sendón,
estarán na Fnac da Coruña (Mercado
Eusebio da Guarda, praza de Lugo s/n, 15004 A Coruña)
falando
sobre a súa obra, presentados por Henrique
Torreiro.

Durante a charla proxectaranse imaxes e mais o tráiler da obra, e para finalizar haberá unha sesión de sinaturas para o público
presente.

Compartir