A ‘Guía AGPI 2011’, na Festa das Letras en Madrid

A Festa das Letras que organiza a plataforma GaliciaenMadrid.com no C. S. A. La Tabacalera de Lavapiés mañá, 21 de maio, a partir das 16:00 h, incluirá entre as súas proxeccións unha a partir das páxinas da Guía AGPI Ilustración 2011.

O programa de actividades, centrado na figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Lois Pereiro, pretende dar unha aproximación a toda a creatividade galega da actualidade, sen quedar só no ámbito literario. Deste xeito, haberá presenza do traballo de artistas do visual, a música e o audiovisual de Galicia, e, por tanto, tamén dos ilustradores e ilustradoras, coa colaboración da AGPI.

Compartir