A novela gráfica de ‘Cartas de inverno’, premiada pola AGE

Os Premios da Edición 2012, que anualmente outorga a Asociación Galega de Editores (AGE), foron entregados o pasado sábado, día 16, durante a «Gala da Edición».

O noso socio Antonio Seijas resultou galardoado co Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado pola súa novela gráfica Cartas de inverno, adaptación da obra homónima de Agustín Fernández Paz.

Aquí pode lerse a lista completa de premiados deste ano.

Compartir