A TVG emite “O Amor Non Dura Sempre”, de Mariano Casas

Por segunda semán consecutiva podemos ver a outro dos nosos socios no espazo adicado as curtametraxes da TVG, Onda Curta, que se emite os domingos a 1:15 da noite. Unha mágoa que espazos de interese cultural coma este non ocupen un lugar máis privilexado na parrilla televisiva.

Nesta nova edición do programa recupera o micro filme “O amor non dura sempre”, do santiagués Mariano Casas, que vén de gañar o prestixioso premio Castelao de Banda Deseñada. Esta peza audiovisual de pequena duración forma parte da súa obra Cinco historias de amor, un conxunto de “filmiños” cun punto surrealista, que o autor traslada desde o comic, a súa grande afeción.

Compartir