A versión de ‘Contos por teléfono’ ilustrada por Pablo Otero, proposta para a lista do IBBY

Contos por teléfono, o libro escrito por Gianni Rodari en 1960 e ilustrado en 2011 polo noso socio Pablo Otero para a tradución galega de Carlos Acevedo, é un dos nove títulos propostos pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) para formar parte da Lista de Honra da Organización Internacional do Libro Xuvenil (IBBY). A Lista de Honra é «unha selección bienal de libros excepcionais de publicación recente, en honor a escritores, ilustradores e tradutores dos países membros da organización».

Dos nove títulos, só outro ten autores galegos: Palabras de auga, escrito por Marcos Calveiro e ilustrado por Ramón Trigo.

Compartir