O Concello
de
Cambre organizou, a través das súas bibliotecas municipais e durante os meses de abril e
maio, un ciclo de
encontros-taller de ilustración e banda deseñada, baixo o título de «Abrilustrado». Os talleres están
dirixidos a alumnos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria e de
3º da ESO.
Os
ilustradores
encargados de impartir eses obradoiros —case todos socios da AGPI— son Laura
Blanco, David Pintor, Óscar Villán, Patricia Castelao, Suso Cubeiro,
Xosé Tomás,
Fran Bueno e Manel Cráneo.
Pode encontrarse
máis información no programa de actividades (PDF,
320 Kb), onde se pode ver con máis detalle o cartel, realizado por
Xosé Cobas.