AGPI estará presente en varios actos no Día da Biblioteca o martes 24 de outubro.
Ás 11:00 da mañá inaugurarase no concello de Ames a exposición Plantando Libros, coa presencia do Director Xeral de Promoción e Difusión Cultural, Don Luís bará Torres.
Esta exposición itinerante, que foi montada pola AGPI en colaboración co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e apoiada pola Consellería de Cultura, conta con 39 ilustradores e 39 escritores facendo unha homenaxe á relación entre a natureza e a literatura.
A directiva da AGPI estará representada na inauguración por Fran Bueno Capeáns.
Ademáis disto, prevense outros actos ao longo do día na Biblioteca do Milladoiro.
As 19:00 da tarde terá lugar tamén unha charla-coloquio na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga (A Coruña) coa participación de Manel Cráneo, Santy Gutiérrez, Javi Montes e o alcalde de A Coruña, Don Javier Losada.
A temática a tratar será o panorama da banda deseñada en Galicia e particularmente na Coruña, cidade cun gran movemento en torno a este sector profesional.