Ilustración de Uxío Broullón.
Do venres 26 ao sábado 27 de Outubro terá lugar en Santiago de Compostela o IV Encontro Galego de Ilustración, o máis ambicioso da curta historia da AGPI, pola cantidade e calidade dos convidados e dos actos.
O venres 26, no Café do Casino, ás 12 horas, terá lugar a rolda de prensa coa presenza do presidente e a xerente de FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales) e pola tarde reuniráse a Directiva da FADIP na Galería Sargadelos.
O sábado 27 celebraránse os seguintes actos de portas abertas na Fundación Caixa Galicia:
- Estudo económico da ilustración española. Charla a cargo de Carmen Castro (Xerente de FADIP)
- Os dereitos de autor na ilustración gráfica. Charla a cargo de Mariona Sardá (Asesora xurídica da APIC e da FADIP)
- Ilustrar en España, Europa e o mundo. Mesa redonda coa participación de Horacio Altuna, Dani Maiz, Cristina Durán, Miguel Teso e Gerardo Trives. Modera Manel Cráneo (Presidente de AGPI)
- Homenaxe a Siro López
Ás 15:00 haberá un xantar para os socios da AGPI e a partires das 17:30 terá lugar a Asamblea Xeral da AGPI no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, tralo cal rematará o Encontro.
Tódolos socios de AGPI que o desexen poden apuntarse na seguinte dirección: [email protected]
Velaquí un mapa coa situación dos lugares nos que se celebrarán os distintos actos:
– Programa en versión PDF, (600 Kb)