AGPI en Cultur.gal

A Asociación Galega de Editores organiza Cultur.gal, a Feira do Libro e da Industria Cultural. Desde hoxe, xoves 10, ata o domingo 13 de maio desenrolanse no Pazo de Cultura de Pontevedra toda unha serie de actividades relacionadas co mundo da cultura e o libro. AGPI estará presente na feira cun stand e dúas actividades: a nosa exposición Homenaxe a Will Eisner, con 17 traballos de socios da AGPI, e unha demostración de graffiti feita polo noso socio Sekone o sábado a partir das 11 da mañá na entrada do recinto.

Convidámosvos a pasar pola feira que, recordamos, será do 10 ao 13 deste mes de maio.

– Web do evento: www.culturgal.com.
Anuncio televisivo do Cultur.gal.

Compartir