Xa estamos de novo no Salón do cómic de A Coruña. Do 11 ao 18 de agosto, a AGPI estará na caseta número 33 dos xardíns de Méndez Núñez da cidade da Coruña. Convidámosvos a todos a pasarvos polo stand para saudarvos, obtener información ou recoller o material do que ainda non dispoñades: catálogos das expos, libros verdes “El ilustrador y la ley”, a nova AGPIRINA… estaremos ali para o que sexa menester.
Ademaís, o xoves 14, ás 18:45h. haberá unha presentación da AGPI no edificio da Fundación CAIXAGALICIA.
Se estades pola cidade estes días, non deixedes de acodir ao noso STAND que é o de todos.
Deixámosvos a continuación o programa de charlas e presentacións do salón, así como as exposicións e sedes da festa do cómic:
CHARLAS:
Martes 12
18:15 – 18:30 Presentación Cerditos de Guinea.
18:35 – 18:50 Presentación El patito .
19:00 – 19:15 Presentación Universidade da Coruña.
19:30 – 21:00 Charla Howard Cruse & Olivier Ka.
Mércores 13
18:20 – 18:35 Presentación Fuck Cómics.
18:40 – 19:10 Presentación Retranca.
19:20 – 19:50 Presentación Factoría K.
20:00 – 21:15 Charla David Aja & Daniel Acuña.
Xoves 14
18:25 – 18:40 Presentación BD Banda.
18:45 – 19:00 Presentación Agpi.
19:05 – 20:15 Charla Catel Muller & Jose Louis Bocquet.
Venres 15
18:05 – 18:25 Presentación Polaqia.
18:30 – 18:45 Presentación Astiberri.
18:50– 19 :50 Charla Luc Brunschwig & Étienne Le Roux.
20:00 – 21:15 Charla Mark Buckingham.
Sábado 16
18:20 – 18:35 Presentación AACE.
18:40 – 18:55 Presentación Dolmen-Siurell.
19:00 – 20:30 Charla Solano López.
EXPOSICIÓNS:
Sala de exposicións do Concello (Praza de María Pita s/n)
* Exposición David Aja
* Exposición Daniel Acuña
Fundación Caixagalicia (Cantón Grande 21- 24)
* Exposición Étienne Le Roux e Luc Brunschwig
* Exposición Solano López
* Exposición Mark Buckingham
Sala de exposicións Palexco (Peirao de Transatlánticos)
* Exposición Howard Cruse
* Exposición Miguel Gallardo
* Exposición Paco Roca
* Exposición Oliver Ka
* José-Louis Bocquet e Catel Muller
Sala de exposicións Salvador de Madariaga (Durán Loriga 10)
* Exposición “Revista Retranca”
* Exposición “Cambio climático”
Aquarium Finisterrae (Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34)
* Exposición Faros
As exposicións permanecerán do 11 ao 24 de agosto.
exposición “Pinche Mundo” del colectivo POLAQIA en el espacio expositivo de la Librería Arenas
exposición retrospectiva “Barsowia: Seis años en portada” no CAFÉ O ALFAIATE
¡vémonos!