Agpirina nº 8

A AGPI acaba de publicar
o oitavo número do seu boletín informativo, Agpirina. Ademais dun repaso ás actividades da asociación nos últimos meses, este novo
número inclúe unha entrevista con Suso Cubeiro, varios textos sobre o libro
dixital (incluíndo as recomendacións do Observatorio da Ilustración Gráfica ao
respecto), un artigo sobre ilustración e patrimonio (a cargo do ilustrador
Enrique Mingote) e mais outro sobre a VEGAP, a entidade de xestión dos artistas
visuais. A versión en papel do boletín pode ser solicitada nos contactos da
asociación, pero ademais pode consultarse en liña na sección «Publicacións»
desta mesma web.

Compartir