Desde o pasado 24 de maio ata o 5 de xuño pode verse no Espazo Pop Up B58 (rúa Barcelona 58, 15010 A Coruña) a mostra Agra Expón, unha exposición colectiva de diferentes artistas vinculados ao barrio coruñés da Agra do Orzán na que participan Begoña Pastoriza, Fran Moledo, Selene Orozco, Miguel Mariño, Inma Doval, Xacobe Meléndrez, David Pazos, Rebeca Barral e os nosos socios Manel Cráneo e Rubén Mariño. Como actividades englobadas dentro da exposición, hoxe ás 20:00 h haberá unha charla titulada «Animación experimetal xaponesa», a cargo de David Pazos, e mañá, sábado 31, proxectarase ás 13:00 h o documental Agra do Orzán: O barrio dos músicos, amenizado cun concerto de blues da banda De Catro a Catro.