O pasado día 10 de febreiro as 11:00 h tivo lugar a presentación do libro Os Larpeiros do Nocturama de Almudena Aparicio, socia da AGPI, nas intalacións do Zoolóxico de Vigo.
Este conto infantil correspóndese co primeiro número da colección Verdades de conto e contos de verdade coa que se pretende dar a coñecer especies animáis diferentes coma no caso das especies nocturnas protagonistas deste libro kincaiús, petauros, morcegos, possums, gálagos e xenetas.
A presentación contou ademáis actividades paralelas coma contacontos, xogos para nenos, sesión de firmas así como a posibilidade de ver en directo ós animais, verdadeiros protagonistas deste traballo.