Acabamos de recibir de GÁLIX o aviso de que o vindeiro luns 12 de febreiro a escritora Ana Mª Machado e o ilustrador Rui de Oliveira estarán charlando na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela:
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2007
A Asociación Galega de literatura Infantil e Xuvenil, GÁLIX, comprácese en convidalos ó acto:
A Literatura Infantil e Xuvenil Brasileira
que terá lugar o vindeiro luns 12 de febreiro, ás 19.30 na
Galería Sargadelos de Santiago de Compostela
A charla será presentada por Xosé Neira Cruz e contará coa presencia de :
- Elizabeth D’Angelo Serra, secretaria xeral da Fundaçao Nacional do Livro Infantil e Juvenil, sección brasileira do IBBY (International Board on Books for Young People)
- Rui de Oliveira, ilustrador, recibiu numerosos premios, recentemente Premio de Literatura Infanto Juvenil da Academia Brasileira das Letras no 2006.
- Ana María Machado, escritora e investigadora sobre literatura infantil e xuvenil. Recibiu o Premio Hans Christian Andersen no ano 2000.
Atentamente,
GÁLIX