Area fai seis, un
conto escrito por Araceli Gonda e ilustrado na súa versión en papel (e posteriormente animado tamén na súa versión interactiva) por María Noel Toledo, está entre os candidatos
escollidos pola Academia Galega do Audiovisual para os próximos
Premios Mestre Mateo, na categoría de mellor obra interactiva do
ano.
A aplicación interactiva pode descargarse gratuitamente
desde a páxina do Instituto Galego de Consumo, co título «Dálle a volta (conto)».