Texto: Manel Cráneo
Ilustración: Kiko Dasilva
A Consellería de Cultura e Deporte inicia unha nova andadura cultural en pro da lectura en língua galega.
Praza das Letras é o nome do proxecto que aparece como revista impresa co obxetivo de converterse próximamente en portal web aglutinador de tódalas novas e a información que xenera o mundo do libro en Galicia.
En principio a idea é que a publicación conviva co portal e deste xeito conseguir entre outras cousas que a información chegue ao máximo numero de lectores posible e capte a atención dos que non o son.
A promoción dos nosos autores será un dos platos fortes deste proxecto e así o confirma o primeiro número da revista onde Kiko Dasilva encargase do deseño de portada e protagoniza a contra nunha sección que estará adicada ao ilustrador da mesma.
Entre outras cousas a revista tamén conta coa sección Le comigo, de entrevistas a xente relacionada co mundo do libro na que cada un dos convidados resposta a unha serie de preguntas comúns para todos. Entre os entrevistados neste primeiro número atopamos ao noso socio Fran Bueno.
Cabe destacar a información xeral que aparece sobre a futura Lei do Libro en Galicia, onde se destacan os puntos de maior interese da mesma, ademáis dun artigo sobre Manuel Lugrís, homenaxeado este ano no Día das Letras galegas, outro sobre O Fútbol na Literatura Infantil e Xuvenil Galega e unha entrevista á nosa Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, entre outros temas de interese.
Este tipo de iniciativas son as que se botaban en falta para potenciar o sector do libro e a promoción da lectura en Galicia. A partir de agora as diferentes rúas do libro galego xa teñen unha nova praza onde confluir, esperemos que esta praza viva moitos días de feira.
—
O nº1 de Praza das Letras pódese descargar en prazadasletras.org