AU/OU, novo formato nas
Xornadas de BD de Ourense

Esta noite preséntase AU/OU (Autoedición Ourense), unha xornada dedicada á autoedición e ao cómic, incluído dentro do programa das XXI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. A presentación será ás 22:00 no bibliocafé La Habitación de Niña Caracol (praza das Mercedes 12, 32004 Ourense).

A xornada en si será mañá, 11 de outubro, con horario de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30 h na libraría Sindicato del Comic (rúa Doutor Marañón 15, 32004 Ourense), coa participación, entre outros, dos nosos socios Sergio Covelo, Kike J. Díaz, Bernal Prieto, Martín Romero e Luis Sendón, así como proxectos colectivos en que participan estes e outros socios, tales como Barbamigos, Altar Mutante Comix e Compota de Manatí.

Compartir