AUTOBOM [Festival de autoedición e BD de autor]

Hoxe comeza AUTOBOM na Coruña, festival invernal de autoedición e BD de autor!
A continuación tedes un resumo da programación, podedes
consultar máis información aquí.

As actividades do venres 18 de marzo terán lugar en Nave 1839, situada na estación de
trens, e as do sábado 19 de marzo na Maleta, bar situado na rúa Orzán, 170.

VENRES 18 de marzo | en Nave 1839

> 19:30 | ENCONTRO DE FANZINERXS

> 20:00 | PROXECCIÓN e PRESENTACIÓN | Sangre de unicornio
(entrada libre e gratuíta)

> 21:00 | CONCERTOS ILUSTRADOS | Hongo e Mano de obra
Actuacións musicais de Hongo e Mano de obra, amenizadas por
debuxos en directo de distintxs debuxantes galaicos: Luis Sendón, Silvia
Blackened
, Paula Fraile e Martín Romero.
A entrada da actividade é de 5€
; a
recadación será integramente para os grupos. Tamén venderánse rifas sorteando
as obras realizadas, os ingresos axudarán a pagar os custos do Autobom.

> CASETA DE FANZINES

SÁBADO 18 de marzo | na Maleta

> 12:30 – 21:30 | MERCADILLO DE FANZINES e cómic de autor

> 12:30 – Peche | EXPO EXPRÉS | Cúbreme de cartos
Exposición
interectiva de venda de obras de Jano.

> 13:15 | MINIBÁN CON TATI
O Minibán consistirá nun contacontos a cargo de Tati, que
combinará a narración con ilustración.

> 17:30 | AUTOLAB
Coa axuda da xente de LabOu, faranse unha serie de
exercicios de estilo, exercicios divertidos que permiten facer un cómic entre
varias persoas de forma rápida, amena e colaborativa. O resultado
publicarase na web e redes sociais de Autobán, e seguramente tamén nun futuro
Autozine, o fanzine do Autobán.

> 19:30 | PRESENTACIÓN | Permanezan en sus asientos
Permanezan en sus asientos é un cómic editado por Fosfatina Ediciones e debuxado por Jano,
con maquetación e deseño de Cristo Aleister.

> 20:15 | MESA REDONDA | Animal Collectives: autoedición como
experiencia colectiva
Participan Álvaro López (Polaqia e Altar Mutante), Xulia
Pisón
(Miñoco), Rubén Romero (Fosfatina) e Alejandro Gaudino (Taiga, Cabeza de
Corte Aéreo
). Modera Kike Benlloch.

> 23:30 | FESTA POLAQA
Polaqia foi un colectivo de 12 autorxs que conseguiron
estender o seu proxecto editorial autogestionado ao longo dunha década, con 16
números publicados do seu fanzine Barsowia, aos que habería que sumar outros
títulos de autores diversos. A modo de peche deste Autobom organizaremos unha festa onde
non faltará a diversión, o picoteo, os sorteos e máis sorpresas, todo amenizado
con boa música e polaqos.

>> ACTIVIDADE EXTRA | Exposición “Estraños Desenhos”
Mglon presenta a exposición de debuxos “Estraños Desenhos”
no Ledicia Bar, xusto á beira da Maleta. A exposición pode visitarse desde o 5
de marzo ata o mes próximo.

Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre, salvo
o Concerto ilustrado que custará 5€ (a recadación irá destinada aos grupos).

Compartir