Autobom, novo minifestival de autoedición


Cartel a cargo de Bernal Prieto, con ilustración de José Domingo

Esta fin de semana ten lugar na Coruña o Autobom, minifestival de autoedición invernal, que é irmán o Autobán do pasado mes de agosto, e novamente conta coa colaboración da AGPI na súa organización.

Autobom desenvolverase ao longo do venres 20 e o sábado 21. Será un evento aberto dedicado á autoedición e ao cómic de autor, e incluirá unha serie de actividades relacionadas co tema. Busca ser punto de encontro para os creadores que se autoeditan, e por iso todas as actividades teñen un enfoque aberto e colaborativo. O lugar de realización será The Room (rúa Afonso VII, 15, 15005 A Coruña).

O programa comeza mañá, venres 20, de 18:00 a 21:00 h, «Autolab»: actividades creativas coa axuda dos impulsores do Lab·Ou, con idea de montar ao largo do envento un fanzine (Autozine), cuxo contido proveña do cómic común que se faga, además das colaboracións recibidas vía e-mail. De 21:30 a 23:00 h, Concerto ilustrado, con música de Mglon e debuxos de Roque Romero.

O sábado 21 haberá, durante todo o día, un mercado de fanzines nunha mesa común.

De 12:30 a 13:30 h, desenvolverase un curso de maquetación de fanzines, a cargo de Bernal Prieto. Entre 13:30 e 15:00 h, Sesión Vermú, con música, bebida e petiscos. De 17:00 a 18:30 h, sesión de estampación y cosido a cargo de Paula Fraile. Finalmente, de 18:30 a 20:00 h, mesa redonda de autoedición, un debate aberto cos asistentes.

Compartir