Tal e como comentabamos nesta web hai unhas semanas, a Deputación de Ourense concedeu
dez bolsas para unhas estadías de catro días de duración
destinadas a profesionais da banda deseñada e a animación; trátase dunha iniciativa enmarcada no Proxecto Imaxina Atlántica (cofinanciado polo FEDER).
Estas estadías transcorrerán entre
mañá, día 18, e o domingo 22. Os nomes dos dez seleccionados —entre os que están varios socios da AGPI— son Jano
Viñuela, David
Rubín, Santy Gutiérrez, Iván Suárez, Sergio
Covelo, Idoia de
Luxán, José Luis Serrano
Silva, Yago García, Alba González e
Luís Carreira.
Entre as visitas que realizarán en Angoulême están varias institucións, como a La Maison des Auteurs e o Le Musée de la Bande Dessinée, e tamén a varios grupos
de autores e editores locais.