Onte foi presentado en Barcelona o proxecto Black Pulp Box, unha caixa que inclúe unha serie de publicacións relacionadas coa
cultura pulp: unha antoloxía de relatos, o
fanzine Aftersun, un ensaio, dúas
novelas curtas e a revista de cómic Betunia. Nesta
última, con selección a cargo de David
Rubín e José Domingo, están incluídos traballos de, entre
outros, Xurxo
Penalta, Jano, Emma
Ríos, Brais Rodríguez, Miguel
Porto, Alberto Guitián e os propios David
Rubín e José Domingo.
AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónhistoricoAutores galegos no proxecto ‘Black Pulp Box’