BD galega, hoxe en ‘El País’

O xornalista Óscar Iglesias asina hoxe no suplemento Luces, na edición galega do diario El País, unha reportaxe titulada «Se o cómic falara». A partir da noticia da próxima edición de Titoán, de Ignacio Vilariño e Iván Suárez, un dos volumes dun extenso proxecto sobre a vida de Castelao, o texto fai unha reflexión sobre a presenza da temática biográfica e histórica na BD galega, con intervención de, entre outros, David Rubín, Jacobo Fernández Serrano e Fran Jaraba.

Compartir