Brais Rodríguez, entrevistado en ‘Tebeosfera’

«Experiencia en artes narrativas» é o título da entrevista ao noso socio Brais Rodríguez que, a cargo de Félix López e Manuel Barrero, aparece no último número da revista dixital de estudos do cómic Tebeosfera.

O blog da revista, na presentación que fai deste texto, di acerca de Brais: «a este debuxante, que xa chamara a atención polos seus inquietantes fanzines producidos en Galicia, coñecémolo algúns a través dos catálogos Injuve, en cuxas edicións de 2008 e 2010 participou, gañando nesta última xunto a Mireia Pérez. Brais desprega un estilo marcadamente persoal nas súas historias, que non se axusta a xéneros nin a modas e que se centra na experiencia humana».

O número 7 de Tebeosfera dedica tamén unha entrevista a outro autor galego, Miguel Porto.

Compartir