A nosa socia Nuria Díaz ten xa dispoñible, nas súas tendas en liña en Etsy e Dawanda, o seu calendario 2014. O calendario ten unha ilustración por cada estación do ano (cada unha pode posteriormente ser enmarcada conmo lámina por separado), e hai versión en castelán e en inglés.
Por outra parte, Nuria deseñou as cubertas e interiores do novo CD do grupo Turbolaser, titulado Segundo asalto, e poden verse algunhas mostras no seu blog.