Calros Silvar expón na Casa das Ciencias de A Coruña

A mostra presenta vinte cadros que ofrecen aos visitantes pinceladas  da biodiversidade de Galicia. Aves, mamíferos, anfibios, fungos, plantas, e árbores representados pola man profesional do ilustrador Calros Silvar.


Son unha escolma das ilustracións feitas para guías de natureza e outros libros da mesma temática. Tamén hai debuxos de cadernos de campo, onde se poden observar bosquexos a apontamentos do natural, a cara oculta do traballo de ilustracións da natureza.


Calros Silvar é Licenciado en Belas Artes, ilustrador, naturalista e afeccionado á ornitoloxía. Ten publicados máis de cen libros, e foi galardoado con varios premios de ilustración, debuxo de humor e banda deseñada.

Compartir