Camisetas e ‘sketchbook’ de ‘El héroe’, de David Rubín

Dentro da auténtica maratón de presentacións que o noso socio David Rubín está a efectuar por toda a xeografía española a raíz da aparición do segundo tomo de El héroe (presentacións que poden seguirse no seu blog: mañá, por exemplo, estará no Salón del Cómic de Zaragoza), aínda hai tempo para máis novidades.

Por unha parte, a libraría barcelonesa Universal Cómics editou un caderno de bosquexos e debuxos a lapis de El héroe, e tamén unhas camisetas cunha ilustración relativa a ese mesmo libro. Ambos os produtos, xuntos ou por separado, poden adquirirse na propia tenda online e nesa e outras librarías especializadas. Aquí, máis información.

Por outra, desde a web Entrecomics organizouse un dobre concurso sobre El héroe: de debuxo e de recensións, que terá como premios láminas, camisetas e sketchbooks dedicados polo autor.

Compartir