Campaña de microfinanciamento para o Autobán 2015


Os produtos do Autobán 2015, con deseño sobre o cartel deste ano, de Jano e Bernal Prieto

Os días 14 e 15 de agosto repetirase a experiencia do Autobán, o minifestival de banda deseñada e autoedición da Coruña, de novo en coincidencia coas datas de peche do Viñetas desde o Atlántico.

O evento contará outra vez coa colaboración da AGPI, mais a organización busca que o Autobán sexa unha actividade autofinanciada, nomeadamente a través dunha campaña de crowdfunding consistente na venda por anticipado de produtos, en tres lotes que se poden escoller, con prezos que van desde os 5 ata os 20 euros. Estes lotes inclúen, dependendo de cada un, chapas, un exemplar da revista Autozine, unha bolsa de algodón e mais unha camiseta.

A campaña acaba a fin de mes, e todos os detalles ao respecto están nesta ligazón.

Compartir